As grandes compañías, institucións públicas e organizacións privadas adoitan contar con Gabinetes de Comunicación internos para establecer as relacións cos medios. Con todo, non sempre é posible incorporar a un equipo de profesionais da comunicación ao persoal dunha Empresa, á dirección executiva dunha Entidade ou á estrutura de pequenos organismos públicos debido ao elevado custo que supoñería. 

Por iso as Consultorías en Comunicación Estratéxica cada vez son máis demandadas para levar a cabo esas relacións externas que toda Entidade necesita para estar presente na Sociedade, pero non é soamente o aforro económico que supoñen as 3  ó 4 nóminas dos profesionais necesarios, senón que ademais os equipos multidisciplinares destas Empresas de Comunicación prestan outros servizos complementarios que poden ser precisos en determinados momentos.

As novas tecnoloxías permiten hoxe unha comunicación áxil, inmediata e fluída e os medios de comunicación tradicionais contan cos seus sitios web para emprazar as informacións de interese ao longo de todo o día, polo que calquera comunicado que se canalice aos medios poderá atopar o seu espazo nas súas versións dixitais minutos despois da súa distribución.

Así pois, un Gabinete de Comunicación Externo Online ofréceche algunhas vantaxes como Aforro para a Entidade, Diversidade de Servizos e unha Resposta Inmediata.

Alberto Martínez

Alberto Martínez

Delfín Comunicación é o resultado de máis de tres décadas de experiencia de profesionais, tanto dos medios tradicionais como dixitais, posta ao dispor de empresas, institucións públicas e privadas, organizacións políticas e entidades sociais, para alcanzar a visibilidade que necesitan na Sociedade.

Deixe unha resposta